Queremos

Os centros educativos aquí agrupados queremos compartir ideas e recursos, traballar conxuntamente para sacar máis partido do esforzo individual de cada centro no seu labor a prol da utilización da lingua galega.

Buscamos difundir os resultados da actividade do día a día nas escolas.

Somos parte dunha agrupación moito maior, a Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística, na que se xuntan equipos que funcionan en todo o territorio galego, e á que se seguen sumando equipos.