“Mulleres da raia”

O alumnado de 5º e 6º do CEIP de Randufe vai asistir á proxección do documental “Mulleres da raia” o luns 21 de febreiro. E estará presente na proxección a directora do filme, Diana Gonçalves Domínguez. Esta obra, que xa foi exhibida en diversos festivais, recibiu varios premios entre eles o Premio Mestre Mateo Mellor Documental 2009, concedido pola Academia Galega do Audiovisual.

 

Cartaz do filme

Cartaz do filme

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a “Mulleres da raia”

  1. Hoxe, mércores 16, fixemos esa mesma actividade no CEIP de Pazos de Reis tamén con 5º e 6º e resultou un éxito, tanto pola participación do alumnado coma pola boa disposición de Diana, que fixo un coloquio cos nenos e nenas ó rematar a proxección.
    MOI RECOMENDABLE

Os comentarios están pechados.